🚑 Aprender a salvar vidas tamén é educar!
🫀 Os días 2 e 3 de outubro, o CFR de Lugo acolleu unha formación práctica en RCP, impartida por Laura Quintás e Josefina Cabanela, doutoras do 061.
💙Grazas ás relatoras e ao profesorado participante polo seu compromiso e participación!
🎯🏅 O 8 de outubro comezou no IES Leiras Pulpeiro a formación Xogos e deportes tradicionais e populares (L2601034) organizada polo CFR de Lugo
🤸♀️ O profesorado practicou a chave e a petaca, poñendo en valor o noso patrimonio lúdico e educativo.
💙 Grazas pola vosa participación!
🎓📚 Máis de 90 docentes participaron na segunda Xornada de Benvida en Lugo, inaugurada por Alfonso Villares e Carlos Carballo.
📋 José Carlos Barros Prado (traslados) e M.ª Concepción Aramburu Sánchez (memoria de prácticas).
☕ Catering - Hostalaría do IES Sanxillao.
💙 Grazas!
🗣️ No CFR de Lugo estamos a desenvolver a formación en SAAC.
👩🏫 Con Susana Fernández Carreira, o profesorado explora recursos e estratexias para eliminar barreiras comunicativas e favorecer a inclusión.
💙Grazas pola vosa participación.
💻🚀 Hoxe comezou no CFR de Lugo a formación de Introdución aos recursos E-Dixgal.
👩🏫 Da man de Gadea González Iglesias, o profesorado afondou na configuración do EVA e na creación de recursos educativos.
📚 Seguimos impulsando a competencia dixital docente!
🧠📚 V Xornadas Galegas de Dislexia e outras DEA, organizadas por AGADIX.
🤝 Un encontro para afondar na dislexia, o DUA, a IA e as metodoloxías inclusivas, con especialistas e obradoiros prácticos.
📅 30 e 31 de outubro
📍 Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
🌍 Deseñando novos proxectos Erasmus+!
🌐 No CFR de Lugo estase a formar o profesorado no deseño de proxectos KA120SCH e KA122SCH, da man de Roberto Núñez Pena.
🤝🇪🇺 Impulsando a internacionalización e novas oportunidades de aprendizaxe en Europa.
🤖 No CFR de Monforte de Lemos desenvolveuse a actividade Intelixencia Artificial para a xestión docente, con Francisco Javier Feijoo López.
💡 15 h de formación para descubrir ferramentas e aplicacións prácticas da IA no traballo docente.
🙏 Grazas pola participación!
🤖🚀L2601022 - Iniciación á Intelixencia Artificial en Educación Secundaria
🟡 Aberto o prazo de inscrición en Fprofe!
📅 Datas: 5, 12, 19 e 26 de novembro
🕟 Horario: de 16:30 a 19:30 h
⏳ Duración: 12 horas
📐🔢 L2601031 Situacións de aprendizaxe en matemáticas para Educación Primaria
🎯 Deseño, aplicación e avaliación de propostas para a aula
📅 Outubro e novembro | ⏳ 30 horas
👩🏫 Relatores: profesorado da Facultade de Formación do Profesorado da USC.
🟡 Inscricións en Fprofe!
💙 Lecturas para acompañar o benestar emocional do profesorado.
O CFR de Lugo comparte unha selección de obras sobre saúde mental, inclusión, autocuidado e mellora da práctica educativa.
💻 Consulta as lecturas na nosa Aula Virtual:
centros.edu.xunta.gal/cfrlug…
💻 Introdución aos recursos E-Dixgal, unha formación para coñecer o EVA, crear recursos, explorar plataformas editoriais e descubrir as posibilidades de cREAgal.
📅 15, 22, 28 e 29 de outubro | ⏱️ 12 h | 📍 CFR de Lugo.
📢 Inscrición aberta en Fprofe! 🚀
📢 L2601030 - Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC)
📝 Prazo de inscrición aberto!
💻 Formación práctica para integrar SAAC e recursos tecnolóxicos que favorezan a comunicación e a inclusión na aula.
📍 CFR de Lugo
👉 Anímate a participar!
📢 L2601007 - A prevención de condutas problemáticas e aditivas
📝 Prazo de inscrición aberto!
⏳ 10 h presenciais para coñecer, previr e detectar novas formas de adicción na mocidade.
📅 14, 21 e 28 de outubro
📍 CFR de Lugo
👉 Anímate a participar!
📢 Nova convocatoria: Observa_Acción
👀Unha oportunidade para observar, compartir e aprender entre iguais, favorecendo o desenvolvemento profesional docente.
📅 Prazo: ata o 14 de outubro
📍 CFR de Lugo: 4 prazas
👉 Máis información no Portal Educativo ou no CFR de Lugo.
🌐 Novas tecnoloxías e IA no ensino das linguas 🤖
Descubre novas ferramentas e estratexias para integrar a IA e as tecnoloxías dixitais no ensino das linguas.
📅 21 e 28 outubro e 4, 11 e 18 novembro
⏱️ 15 h | 📍 CFR Lugo
👩🏫 Susana Aldo Linares
📢 Inscrición aberta en Fprofe!
📻 Uso didáctico da radio escolar no CFR de Lugo
🎙️ Descubre as posibilidades da radio como ferramenta educativa para fomentar a participación, a creatividade e a aprendizaxe.
📅 22 e 29 de outubro + 5 de novembro
⏱️ 8 horas
👥 Paulo Gacio e Sara Meijide
👉 Inscrición en Fprofe.
🤖 Pensamento computacional e robótica básica na aula, nova formación no CFR de Lugo para Educación Infantil e Primaria. Robots, programación, sensores e IA con Photon.
📅 14, 21 e 28 de outubro | ⏱️ 8 h | 👨🏫 José Pino
📢 Inscrición aberta en Fprofe!
🗣️ Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación, nova formación no CFR de Lugo para favorecer a comunicación e a inclusión educativa.
📅 16, 17, 23 e 24 de outubro | ⏱️ 20 h (15 presenciais + 5 non presenciais) | 👩🏫 Susana Fernández Carreira.
📢Inscríbete en Fprofe!
































