O cancro de mama non é unha única enfermidade. Existen distintos tipos e cada paciente afronta unha realidade diferente.
👉 Segundo as estimacións, en 2026 máis de 38.000 persoas serán diagnosticadas de cancro de mama en España.
Actualmente apoiamos 110 proxectos de investigación sobre o cancro de mama.
Investigamos para:
✅ Mellorar o diagnóstico precoz.
✅ Desenvolver novos tratamentos.
✅ Frear a metástase.
✅ Avanzar cara a unha medicina máis personalizada.
✅ Humanizar a atención.
Porque cada descubrimento pode marcar a diferenza na vida de miles de persoas.
O cancro de mama e como o viven miles de persoas, #NosLoTomamosAPecho 💪
➡️ blog.contraelcancer.es/linea…
✨ Solidariedade, compromiso e excelencia gastronómica déronse cita onte na Noite Solidaria contra o Cancro celebrada na @CidadedaCultura de Santiago de Compostela ⬇️
🍽️ A noite converteuse nun escaparate da excelencia gastronómica galega, grazas á participación de recoñecidos chefs, que puxeron en valor os produtos do rural e do mar galego. A música de @xabierdiaz_music completou unha xornada inesquecible ao servizo dunha causa compartida🎶
Grazas á Xunta de Galicia, AGACAL e á Consellería do Mar polo seu apoio, aos nosos patrocinadores @ArzuaUlloaDOP e Trevisani ás entidades colaboradoras, aos profesionais participantes e a todas as persoas que fixeron posible esta iniciativa.
GRAZAS! 💚
📊 Case 4 de cada 10 persoas diagnosticadas de cancro en España están en idade laboral. Detrás desta realidade, hai persoas que precisan apoio durante o tratamento e tamén no momento de retomar a súa actividade profesional.
O acto contou tamén coa participación de José Antonio Álvarez Vidal, presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, e José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, que destacaron a importancia da colaboración entre institucións, empresas e entidades sociais.
👏 Grazas ao @PuertoFerrolSC, ao Concello de @FerrolOficial e a todas as persoas que participaron.
Porque acompañar tamén significa facilitar que as persoas poidan continuar co seu proxecto de vida 💚
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
Detectar un cancro de mama antes de que aparezan síntomas pode marcar a diferenza. Por iso, é importante participar nos programas de cribado cando corresponda e acudir á cita para a mamografía.
#NósTomámoloAPecho 💚
🤝 A Asociación Española Contra o Cancro asinou un convenio de colaboración co @ConcelloCoruna para a asistencia socioeconómica e atención psicolóxica a enfermos de cancro e as súas familias no 2026.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
💗 Saímos á rúa para preguntarlle a distintas persoas que significa para elas o cancro de mama. E atopamos palabras de apoio que merecen ser escoitadas.
💬 Cada mensaxe é unha forma de acompañar ás pacientes 🫶
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer #NosLoTomamosAPecho











