
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e dosdorei baixo o ceo azul de Bruxelas
Joined December 2020
- Tweets5K
- Following1.3K
- Followers3.2K
- Likes13.9K
Pinned Tweet
🚨🎙️ Non podíamos marchar de vacacións sen episodio novo. E neste imos a outro continente.
As illas Canarias 🇮🇨 teñen unha identidade de seu ben marcada, consecuencia da súa xeografía, a conquista castelá e unha historia de colonialismo e alienación
ivoox.com/50-illas-canarias-…
🇦🇹 celebra hoxe o seu día nacional, unha república federal con 9 estados cunhas fronteiras que non mudaron desde hai un século.
Mais en 1919 un destes estados federados, Vorarlberg votou nun referendum unirse a 🇨🇭(80% a favor). Finalmente a cousa quedou en nada.
Fundamentalmente porque a anexión suporía cambiar os equilibrios de poder en 🇨🇭, cunha maioría xermanófona aínda maior no país.
Non foi o único referendum organizado en 🇦🇹 nesa altura. En Carintia onde vive unha minoría 🇸🇮 houbo un plebiscito pra establecer as novas fronteiras.
Grandísima victoria electoral da Lista dos Estudantes en 🇷🇸, que acaba coa hexemonía dun SNS ben enquistado nas estruturas do poder.
O Parlamento queda dividido neses 2 bloques con 7 deputados representando ás minorías 🇭🇺 (Vojvodina), 🇦🇱 (Preshevo) e bosníaca (Sandžak).
Hoxe hai eleccións en 🇷🇸, onde o SNS de Vučić busca manterse no poder tras 14 anos de hexemonía.
Enfronte, a Lista dos Estudantes, formación nacida das protestas masivas contra a corrupción e clientelismo tralo accidente da estación de Novi Sad, que causou 16 mortos en 2024.
As eleccións seica van estar moi desputadas, e é capaz que os deputados que representan ás minorías do país acaben dando o goberno a unha ou a outra opción.
Esas serían as que representan á minoría húngara de Vojvodina (con 6 deputados) ou bosníaca no Sandjak (con 2).
E se queredes saber máis o @consuldesmelle, un bo coñecedor da rexión escribiu este xeitoso artigo lavozdegalicia.es/noticia/in…
Coñecedes ós vellos crentes? Son unha comunidade escindida da Igrexa Ortodoxa Rusa tras as reformas relixiosas do século XVII.
Millóns de fieis rexeitaron os cambios e sufriron persecucións e represión por décadas. Moitos fuxiron a zonas illadas de 🇷🇺 e arredores até hoxe.
Hoxe o @RCCelta xoga contra o Celtic de Glasgow, un club nado en 1887 pra representar á enorme diáspora irlandesa da cidade escocesa.
Xurdiu como unha iniciativa benéfica pra mellorar a vida do proletariado inmigrante irlandés especialmente marxinado na protestante 🏴 do XIX.
Como o Celtic de Glasgow hai unha chea de equipos europeos representando diásporas e refuxiados, desde o AEK de Atenas até o Qarabağ de Aghdam.
E sendo os de Fóra de Mapa vicepresidentes de peñas celtistas na diáspora pois non nos quedaba outra que.... 👇 ivoox.com/en/episodio-especi…
O castelán escríbese hoxe con caracteres latinos, porén ao longo da historia tamén se empregaron outros alfabetos.
Por ex, o alfabeto cirílico empregado pra grafar o djudeo-español (ou ladino) empregado pola comunidade sefardí de Sofía🇧🇬.
E non vos pensedes que este tipo de publicacións en djudeo-español con caracteres hebreos era algo raro.
Nos Balcáns e no Mediterraneo oriental había varios xornais publicados polas comunidades sefardís neste alfabeto, por ex. La Alborada de Saraxevo ou La Esperanza en Izmir🇹🇷.
Disto e de moitas máis cousas falamos no noso episodio sobre os sefardís, no que ademais o noso convidado, Carlos Yebra López, respondeu as nosas preguntas en djudeo-espanyol
ivoox.com/en/os-sefardis-sef…
Sabedes que potente estado europeo tivo o latín como lingua oficial até o 1844?
🇭🇺, tanto como reino independente como parte do imperio dos Habsburgo empregou o latín como idioma oficial por 800 anos, apesar de que a maioría da poboación falaba idiomas ugrofineses ou eslavos
Na bilingüe rexión de Bruxelas teñen problemas similares ós que temos os galegofalantes.
Moitos neerlandófonos quéixanse de non poder recibir atención médica no seu idioma e ter que mudar ó francés xa que o personal nin fala nin entende o neerlandés
brusselstimes.com/belgium/23…
Tal día como hoxe, en 1866 consumábase a anexión do Véneto por parte de 🇮🇹. Até aquela esta rexión fora parte do Imp. dos Habsburgo.
Os 2 estados loitaron unha corta guerra na que 🇫🇷 mediou a favor de Roma. 2 días despois da anexión organizouse un plebiscito pra confirmar esta























