
Conta oficial da Consellería do Mar da @Xunta de Galicia | Pesca, Acuicultura, Marisqueo, Portos e Innovación Tecnolóxica
Galicia
Joined October 2022
- Tweets3.1K
- Following114
- Followers629
- Likes606
Consellería do Mar retweeted
Presentei no Parlamento de Galicia os #Orzamentos2027. Son 234,8 M€ para seguir recuperando o marisqueo, modernizando a frota e a acuicultura e reforzando a investigación e a formación.
Son unhas contas realistas, valentes e executables pensadas nas necesidades do noso sector
Consellería do Mar retweeted
Presentamos a Memoria do CIMA, que completa 50 anos de historia e compromiso co noso mar
Medio século de ciencia aplicada e transferencia directa ao servizo de mariscadoras, pescadores, bateeiros e confrarías. Parabéns a todo o equipo!
Consellería do Mar retweeted
Na apertura do Seminario Internacional sobre Toxinas Emerxentes celebrado en Vigo destaquei o papel da ciencia e a vixilancia diaria que realiza a Axencia Intecmar.
Son o mellor escudo para blindar a seguridade alimentaria e garantir a excelencia dos produtos do noso mar
Consellería do Mar retweeted
No Consello Consultivo de Pesca no que participei por videoconferencia, defendín unhas cotas estables no Atlántico e menos burocracia para a nosa frota artesanal.
Tamén aproveitei para rexeitar os aranceis cero á conserva de atún de Tailandia que poidan prexudicar ao noso sector
Consellería do Mar retweeted
Presentámoslles ás 63 confrarías o calendario electoral para escoller os novos órganos de goberno dos pósitos, nos que agardamos ter máis mulleres.
A votación será o 23 de xaneiro de 2027 e uns 13.000 traballadores do mar poderán escoller aos seus novos representantes
Consellería do Mar retweeted
No mercado municipal de Fisterra coñecín o espazo dedicado á venda directa de peixe e marisco fresco procedente da lonxa local.
A actividade mariñeira e os produtos de proximidade comparten protagonismo neste edificio emblemático
Consellería do Mar retweeted
Que ilusión coñecer que a Confraría do Centolo Larpeiro do Grove me nomea Embaixadora e Dama de Honra da súa Orde de Mérito.
Hoxe contáronme a axenda do seu 34º Gran Capítulo Internacional co que seguir promovendo a excelencia da gastronomía e do mar da nosa #GaliciaCalidade
Consellería do Mar retweeted
A semana comezaba co fito de ver a Gardacostas de Galicia por primeira vez no Desfile militar do 12-O en Madrid. Logo en Bruxelas defendín o sector do mar e xa en Galicia participei en distintos actos.
Todo na semana na que o Consello deu luz verde ao proxecto de #Orzamentos2027
Consellería do Mar retweeted
No porto de Morás, xunto ao alcalde de Xove e a presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, falamos do proxecto do dique de abrigo.
É unha das actuacións previstas nos #Orzamentos2027 que recollen medidas para mellorar as condicións de traballo da xente do mar
Consellería do Mar retweeted
Compartín co Real Club de Regatas Galicia e co Club Náutico Illa da Toxa a recepción de sendas réplicas a escala real da histórica Carta de Juan de la Cosa, do ano 1500.
Un orgullo participar en Vilagarcía neste acto que nos recorda a nosa tradición marítima
Consellería do Mar retweeted
En Galicia sabemos que o futuro dos océanos pasa pola sustentabilidade ambiental, económica e social.
Así o destaquei en Baiona no acto de presentación do FARO Summit, un encontro para dialogar sobre os retos do mar e da economía azul
Consellería do Mar retweeted
Achegarse ao mar da man dos profesionais que viven del permite coñecer mellor os seus oficios.
En Sanxenxo participei na inauguración do Congreso Internacional Pesca & Turismo onde se abordan experiencias e propostas de turismo mariñeiro que serven para diversificar a actividade
Consellería do Mar retweeted
Hoxe damos a benvida a Luísa Boquete como nova secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, que chega para seguir co obxectivo común de axudar á xente do mar.
Quero agradecer o traballo e a lealdade de Marta Barreiro, e desexarlle moita sorte na súa nova etapa
Consellería do Mar retweeted
En Bruxelas trasladei á Comisión Europea a voz de Galicia e das rexións costeiras da CRPM para a futura Política Pesqueira Común.
Urxen fondos e modernizar a frota: gañar en habitabilidade, eficiencia e seguridade non é aumentar capturas senón traballar polo futuro do sector
Consellería do Mar retweeted
Reuninme con dirixentes da UGT en Galicia para abordar asuntos relativos ao sector marítimo-portuario.
Falamos da importancia de mellorar a formación dos traballadores do mar
Consellería do Mar retweeted
Que emoción ver ao servizo de @GardacostasGal participar, por primeira vez, no Desfile deste 12 de Outubro.
O continxente galego causou sensación. Orgullo da nosa #GaliciaCalidade!
Consellería do Mar retweeted
Semana marcada por ese gran escaparte da cadea mar-industria como é Conxemar, onde as nosas empresas amosan ao mundo todo o seu potencial.
Tamén mantiven encontros co sector e promocionei os nosos produtos desde as Rías Baixas ata a Mariña de Lugo
Consellería do Mar retweeted
Clausurei en Foz as XII Xornadas de Pesca Artesanal coas confrarías de Lugo e do Cantábrico Noroeste.
Defendemos que se debe simplificar a burocracia para os profesionais e tamén buscar solucións urxentes para garantir a remuda xeracional
Consellería do Mar retweeted
Asistín en Burela á presentación da VII edición do Camiño Gastronómico do Mar, organizado pola OPP-7 e Amigos do Camiño do Mar.
7 etapas e 15 concellos para unir sendeirismo, patrimonio, vida saludable e o mellor sabor dos nosos produtos en colaboración coa hostalería local


































