
ALT Nos últimos días temos sido testemuñas dunha onda de ataques, ameazas e insultos contra o investigador Carlos Callón por mor da próxima publicación do seu novo libro “Vidas e historias LGBT na Idade Media”. Desde a Rede Galega de Estudos Queer condenamos esta reacción de desprezo e trasladamos todo o noso apoio ao compañeiro. Estas agresións non van só contra el, senón contra todo estudo ou investigación que tente rachar coa barreira de silencio imposta pola norma patriarcal para agochar todo aquilo que a cuestione. Como investigadoras no campo dos Estudos Queer, somos conscientes do que implica sufrir esa reacción sobre o traballo propio, xa que os ataques, os insultos, as desacreditacións e o boicote de actividades son cada día máis frecuentes na nosa axenda.

ALT Carlos Callón foi un dos primeiros en amosar coas súas investigacións que a Galiza do pasado é moito máis diversa que o que nos transmitiron as memorias oficiais. Grazas ás súas pesquisas coñecemos a historia de Pedro e de Muño, ou a fluidez de xénero en certos contos da literatura popular como “Manflorito e a Lúa”. O seu enfoque ten sido un piar na reconstrución colectiva da historia e a memoria da disidencia sexual en Galiza, un campo no que participan moitas disciplinas irmás dentro das Humanidades e as Ciencias Sociais. Recuperar e conservar estas historias e memorias silenciadas non só beneficia ao colectivo LGBT+, senón que pon ao servizo da sociedade no seu conxunto unha parte do seu pasado, fundamental para comprenderse no presente e para construírse dun xeito máis democrático.

ALT O que estamos a vivir coa saída deste libro non é un debate, senón unha agresión contra a liberdade de expresión e investigación. A Rede Galega de Estudos Queer naceu para propiciar e participar en espazos seguros de debate rigoroso sobre os estudos das disidencias no pasado e no presente, por iso animamos a todas as persoas a ler o libro, a acudir ás presentacións e a participar destes espazos para medrar en colectivo cara a unha investigación máis democrática e inclusiva.

ALT Fondo claro cunha bandeira LGBTIQ+ cruzando a imaxe. No centro aparece o logo do evento, que representa a silueta dun puño alzado por riba da silueta dun arco da vella, todo rodeado do nome das xornadas. Nas esquinas indícase información do evento: nome das persoas organizadoras (Carla Míguez Bóveda e Vanesa Freire Armada), localización (Aula 2 do Edificio Redeiras da Universidade de Vigo) e tipo de entrada (Acceso aberto).

ALT Primeira parte do horario do evento: 9.30 a 9.45 – Carla Míguez Bóveda e Vanesa Freire Armada: Apertura das xornadas. 9.45 a 10.30 – Angelly Ferreiro (Eduso Antirracista): Decolonizando a gordofobia: xénero e reivindicación de corporalidades. 10.30 a 11-00 – Iria Custodio Fabre: Revolución e resistencia nas marxes poéticas: voces femininas da literatura galega e portuguesa. 11.00 a 12.00 – Asociación Nós Mesmas: Camiñando cara a igualdade: a formación en diversidade desde a primeira infancia. 12.00 a 12.45 – Nazaret Blanco Pardo: A violencia de xénero no marco da interseccionalidade: coocurrencia entre as actitudes cara á violencia de xénero, a cisheteronormatividade, o etnocentrismo e o vellismo.

ALT Segunda parte do horario do evento: 12.45 a 15.30 – Pausa mediodía. 15.30 a 16.00 – Eki Irusta Araujo: La práctica artística y la performance como reivindicación de la igualdad, cuestionamiento de los ejes opresores y especulación de posibles. 16.00 a 16.45 – Itxi Guerra: Discapacidad y género, una intersección desde una perspectiva feminista. 16.45 a 17.30 – Gonza M. Fontán: O binarismo como obstáculo para a comunicación sobre as sexualidades femininas e disidentes. 17.30 a 18.45 – Asociación Nós Mesmas: Migrar para vivir libre: a realidade das mulleres LBT solicitantes de asilo. 18.45 a 19.00 – Carla Míguez Bóveda e Vanesa Freire Armada: Peche das xornadas.















