Pinned Tweet
Para facer valer os intereses de Galiza en Madrid. Para avanzar en dereitos e defender a vida digna. Para frear á dereita.
Agora, con máis forza! Imos a por todas o 29N. É o momento.
#EnGalizaBNG
🎙️ A raíz desta noticia de El Diario sobre os podcast na política galega, recordámosche que podes seguir o podcast da nosa portavoz nacional na seguinte ligazón:
🔗 youtube.com/@CodigoAnaPonton
No esquezas subscribirte e activar as notificacións na campaíña🔔 para estar á última.
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
Que alegría para Brasil e para o mundo! O pobo brasileiro demostrou que non quere recortes de dereitos, nin intolerancia, nin imperialistas. Parabéns a Lula e á xente do Brasil, a esperanza venceu ao medo.
eldiario.es/internacional/br…
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
O mundo é un pouco mais xusto co triunfo histórico de Lula!, O Pobo brasileiro soberanamente decidiu virar a historia. A democracia venceu o fascismo. Parabéns @LulaOficial @ptbrasil e aliados. Sodes exemplo de esperanza mundial!#LulaPresidente2026
Viva o Brasil!
Bora Lula!
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
HOXE ENCHEMOS AS 7 CIDADES DO PAÍS CONTRA A REPRESIÓN POLICIAL E O FASCISMO ESPAÑOLISTA.
Contra quen pretende calar a nosa voz: nin un paso atrás.
GALIZA CEIBE DE FASCISMO!
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
A mobilización da mocidade galega é chave para defender os nosos dereitos e que a Galiza teña máis forza en Madrid. Orgullosos dunha mocidade alegre e combativa.
Bora, Lula! Todo o apoio e parabéns a Lula e ao pobo brasileiro. Hoxe gañou a democracia, a xustiza social e a dignidade do pobo fronte a ultradereita. Desde Galiza, un abrazo fraterno ao Brasil. ✊🇧🇷
Bora, Lula! Todo o apoio a Lula e ao pobo brasileiro. Hoxe, a democracia, a xustiza social e a esperanza están nas urnas. Desde Galiza, un abrazo fraterno ao Brasil. ✊🇧🇷
Dicímolo e ímolo dicir moito: #EnGalizaBNG Porque a forza que suma, avanza e fai retroceder á dereita, en Galiza, é o BNG. E imos a máis, contigo! Grazas Anova polo voso apoio.
🔗 laopinioncoruna.es/galicia/2…
✉️ ABERTO O PRAZO PARA VOTAR POR CORREO NAS ELECCIÓNS XERAIS DO #29N
Se ese día non vas estar na túa casa ou estás na emigración, podes solicitar o voto por correo. Tes toda a información na seguinte ligazón:
🔗 votoporcorreo.bng.gal/
CO BNG, GALIZA GAÑA! 😉
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
E si, vou nas listas ao Congreso na provincia da Coruña polo BNG. Non hai que dar moita explicación, hai que estar con quen hai que estar e cando hai que estar. Mentres se poida.
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
Ferrolterra mobilízase contra o fascismo e a represión policial.
Na Galiza: dereitos, democracia e liberdade.
📢 📚 𝙁𝙚𝙞𝙟𝙤́𝙤 𝙥𝙧𝙤𝙢𝙚𝙩𝙚 𝙚𝙡𝙞𝙢𝙞𝙣𝙖𝙧 𝙪𝙣 𝙞𝙢𝙥𝙤𝙨𝙩𝙤... 𝙦𝙪𝙚 𝙭𝙖 𝙣𝙤𝙣 𝙨𝙚 𝙥𝙖𝙜𝙖 𝙜𝙧𝙖𝙯𝙖𝙨 𝙖𝙤 𝘽𝙉𝙂❗
O líder do PP asegura que o Estado fai negocio co salario mínimo porque recada máis impostos de quen o cobra. Outra trola. Pide que quen cobre o salario mínimo non tribute… cando xa non tributa! 🤦♀️
Mentres Feijóo se perde coas contas, lembrámoslle: foi o BNG quen negociou e presionou ao Goberno para garantir que as persoas que cobran o salario mínimo non paguen IRPF.
Fronte as trolas e os "bulos", a política útil, social e galega do BNG.
#EnGalizaBNG #Xerais2026
Galiza mobilízase nas 7 cidades galegas contra a represión policial, a Lei Mordaza e fascismo.
✊Na Galiza queremos dereitos, democracia e liberdade!
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
Que pasaría coa vivenda se gobernase Feijóo? 🏠
🗣️ Cóntacho Alexandra Fernández (@akollontai)
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
🩵 Inmensamente agradecido a toda a militancia e á dirección do @obloque por valorarme para a importante responsabilidade de desempeñar o posto número 2 da lista ao Congreso dos Deputados do vindeiro #29N
Asumo o compromiso con paixón e firmeza na defensa dos nosos dereitos! 💪🏾
Néstor Rego, Carme Dasilva, Olalla Rodil e Noa Presas son as nosas cabezas de lista para as eleccións Xerais do 29 de novembro. Consulta as candidaturas completas na nosa web.
🔗 bng.gal/estaticas/xerais-202…
#EnGalizaBNG
BNG - Bloque Nacionalista Galego retweeted
Creo que vou quedar moi curto no prognóstico! 😀
Galiza merece máis. E imos defendela con máis forza ca nunca! ✊💙
Presentamos as catro cabezas de lista do BNG ás eleccións xerais do 29 de novembro: persoas comprometidas co país, cos dereitos da maioría social e coa defensa dos intereses de Galiza en Madrid.
Con Olalla Rodil, Noa Presas, Carme da Silva e Néstor Rego, imos a por todas. Canto máis forte sexa o BNG, máis forza terá Galiza para gañar dereitos, defender o noso e construír un futuro digno para todas e todos.
O 29-N, en Galiza, BNG! 💙
#EnGalizaBNG #Xerais2026 #GalizaMereceMáis
🤝💙 O BNG agradece a Anova o seu apoio á nosa candidatura nas eleccións xerais do 29 de novembro.
Nun momento no que cómpre reforzar a defensa da democracia, dos dereitos sociais e dos intereses de Galiza, este apoio contribúe a sumar forzas arredor de obxectivos que compartimos: que o noso país teña unha voz propia, firme e libre en Madrid, defender as maiorías sociais e frear ás dereitas.











































